jueves, 16 de mayo de 2019

Presentación de Coñecendo a Antonio Fraguas

Coincidindo coa celebración das Letras Galegas  fomos á presentación do libro Coñecendo a Antonio Fraguas .




miércoles, 8 de mayo de 2019

Encontro con Eli Ríos





Hoxe os membros do club de lectura tivemos un encontro con Elí Ríos para falar da súa obra DX.

Falamos de diversidade sexual, identidade de xénero, expresión do xénero, bixénero, axénero, terceiro xénero….

Tivemos tempo de xogar e de facer creación literaria.

Ao final, foto de grupo e firma de exemplares.

Unha mañá productiva!!!!!
 Eli Ríos

martes, 7 de mayo de 2019

DX de Eli Ríos

Coruña, fin de ano de 2029. A cidade alberga unha empresa, DX, convertida nunha enorme potencia a nivel mundial da biotecnoloxía e da investigación médica. Morgan e André, que traballan en DX con diferente rango, entablarán unha relación sentimental xusto antes de que a historia se torza e asistan ás consecuencias dunha epidemia que o trocará todo.
 
 
 

jueves, 4 de abril de 2019

O muiñeiro ouveador


O muiñeiro ouveador (en finlandés Ulvova mylläri) é unha novela do finlandés Arto Paasilinna publicada en 1981. O libro foi traducido a diversas linguas, e en 1982 foi levado ao cinema co título homónimo de Ulvova mylläri.
A trama está ambientada en Laponia despois da Segunda Guerra Mundial. O personaxe principal é Gunnar Huttunen, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites, facendo ladrar aos cans, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco, é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi, en Suukoski.
A maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser. Finalmente mándano para un manicomio, e cólleno cando se estaba empezando a namorar dunha veciña, Sanelma Käyrämö, unha asesora agrícola, e pintando o muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte para que non o volvan meter no manicomio.