viernes, 29 de mayo de 2026

Anímate

 Ao longo de todo o curso, animamos  ás nosas compañeiros e compañeiras a ler os mesmos libros que nós no Club de Lectura. 

Para facelo, empregamos un taboleiro no corredor de Primaria no que deixamos constancia das nosas recomendacións.



jueves, 30 de abril de 2026

Encontros do club de lectura

 Andrea, profesora de música en Infantil e Primaria é a coordinadora do club de lectura de Primaria este curso e foi ela a nosa representante no Encontro de coordinadores de clubs de lectura que organiza a Consellería no Pazo de Congresos de Santiago.

Veu moi contenta e con novas ideas para aproveitar en vindeiros cursos. 




miércoles, 25 de marzo de 2026

Merenda no club de Secundaria

 Para rematar o libro deste trimestre que mellor que facelo con algo doce que xa nos anuncia que estamos ás portas da Pascua co seu tradicional roscón.

Disfrutamos de lectura e algo moi doce......

 


miércoles, 11 de febrero de 2026

Entroido no club de lectura

 

E como non ía ser menos, as alumnas do club de lectura de secundaria fixeron a reunión en pixama tal e como mandaron as comandas do Meco.

martes, 10 de febrero de 2026

Encontro virtual con Eduard Velasco

 Hoxe tivemos un encontro virtual con Eduard Velasco, autor do libro de poemas que acabamos de ler no Club de Lectura de Primaria: Animalario de ler a diario (Xerais).

 Preguntámoslle sobre a súa traxectoria como autor, sobre os libros que escribiu e os que está por escribir, sobre o poemario e o que supón ser finalista do Premio Merlín... Falamos dalgúns dos poemas que máis nos chamaron a atención e démoslle as nosas opinións. Tamén nos contou cousiñas sobre a súa percepción das linguas e da literatura en xeral. O que máis curiosidade espertaba en nós era por qué nacendo en Barcelona escribe en galego, pero agora xa o entendimos todo : ) A verdade é que foi un encontro moi interesante!




miércoles, 28 de enero de 2026

Bruxas e dragóns




 Hoxe tivemos reunión do club e xa preparamos a seguinte co obxectivo de elixir itinerario e chegar ata onde se indican todas as intrucións do libro-xogo. Despois, tocará xogar (e ler).

 

 

viernes, 16 de enero de 2026

Probamos?????

 Daniela de 5*, do Club de Lectura, animouse a probar unha das receitas incluídas no libro Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas.

Dixo que a Carrot cake quedou deliciosa. Quen se anima a probala??