martes, 10 de febrero de 2026

Encontro virtual con Eduard Velasco

 Hoxe tivemos un encontro virtual con Eduard Velasco, autor do libro de poemas que acabamos de ler no Club de Lectura de Primaria: Animalario de ler a diario (Xerais).

 Preguntámoslle sobre a súa traxectoria como autor, sobre os libros que escribiu e os que está por escribir, sobre o poemario e o que supón ser finalista do Premio Merlín... Falamos dalgúns dos poemas que máis nos chamaron a atención e démoslle as nosas opinións. Tamén nos contou cousiñas sobre a súa percepción das linguas e da literatura en xeral. O que máis curiosidade espertaba en nós era por qué nacendo en Barcelona escribe en galego, pero agora xa o entendimos todo : ) A verdade é que foi un encontro moi interesante!




No hay comentarios:

Publicar un comentario