E como non ía ser menos, as alumnas do club de lectura de secundaria fixeron a reunión en pixama tal e como mandaron as comandas do Meco.
miércoles, 11 de febrero de 2026
martes, 10 de febrero de 2026
Encontro virtual con Eduard Velasco
Hoxe tivemos un encontro virtual con Eduard Velasco, autor do libro de poemas que acabamos de ler no Club de Lectura de Primaria: Animalario de ler a diario (Xerais).
Preguntámoslle sobre a súa traxectoria como autor, sobre os libros que escribiu e os que está por escribir, sobre o poemario e o que supón ser finalista do Premio Merlín... Falamos dalgúns dos poemas que máis nos chamaron a atención e démoslle as nosas opinións. Tamén nos contou cousiñas sobre a súa percepción das linguas e da literatura en xeral. O que máis curiosidade espertaba en nós era por qué nacendo en Barcelona escribe en galego, pero agora xa o entendimos todo : ) A verdade é que foi un encontro moi interesante!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

