viernes, 29 de mayo de 2026

Anímate

 Ao longo de todo o curso, animamos  ás nosas compañeiros e compañeiras a ler os mesmos libros que nós no Club de Lectura. 

Para facelo, empregamos un taboleiro no corredor de Primaria no que deixamos constancia das nosas recomendacións.



jueves, 30 de abril de 2026

Encontros do club de lectura

 Andrea, profesora de música en Infantil e Primaria é a coordinadora do club de lectura de Primaria este curso e foi ela a nosa representante no Encontro de coordinadores de clubs de lectura que organiza a Consellería no Pazo de Congresos de Santiago.

Veu moi contenta e con novas ideas para aproveitar en vindeiros cursos. 




miércoles, 25 de marzo de 2026

Merenda no club de Secundaria

 Para rematar o libro deste trimestre que mellor que facelo con algo doce que xa nos anuncia que estamos ás portas da Pascua co seu tradicional roscón.

Disfrutamos de lectura e algo moi doce......

 


miércoles, 11 de febrero de 2026

Entroido no club de lectura

 

E como non ía ser menos, as alumnas do club de lectura de secundaria fixeron a reunión en pixama tal e como mandaron as comandas do Meco.

martes, 10 de febrero de 2026

Encontro virtual con Eduard Velasco

 Hoxe tivemos un encontro virtual con Eduard Velasco, autor do libro de poemas que acabamos de ler no Club de Lectura de Primaria: Animalario de ler a diario (Xerais).

 Preguntámoslle sobre a súa traxectoria como autor, sobre os libros que escribiu e os que está por escribir, sobre o poemario e o que supón ser finalista do Premio Merlín... Falamos dalgúns dos poemas que máis nos chamaron a atención e démoslle as nosas opinións. Tamén nos contou cousiñas sobre a súa percepción das linguas e da literatura en xeral. O que máis curiosidade espertaba en nós era por qué nacendo en Barcelona escribe en galego, pero agora xa o entendimos todo : ) A verdade é que foi un encontro moi interesante!




miércoles, 28 de enero de 2026

Bruxas e dragóns




 Hoxe tivemos reunión do club e xa preparamos a seguinte co obxectivo de elixir itinerario e chegar ata onde se indican todas as intrucións do libro-xogo. Despois, tocará xogar (e ler).

 

 

viernes, 16 de enero de 2026

Probamos?????

 Daniela de 5*, do Club de Lectura, animouse a probar unha das receitas incluídas no libro Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas.

Dixo que a Carrot cake quedou deliciosa. Quen se anima a probala??









martes, 13 de enero de 2026

Animalario de ler a diario

Este vai ser o noso próximo libro no club de lectura de Primaria



Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día.

miércoles, 19 de noviembre de 2025

miércoles, 12 de noviembre de 2025

Reseñas de Escarlatina

 As rapazas do club de lectura de Primaria xa fixeron as súas reseñas do libro que remataron para que o resto do alumnado de Primaria as coñeza



jueves, 30 de octubre de 2025

Samaín no club de lectura de Primaria

Coincidindo coa celebración do Samaín, as rapazas do Club de Lectura de E. Primaria elaboramos as receitas incluídas na novela que acabamos de ler "Escarlatina, a cociñeira defunta", de Ledicia Costas. 

Pasámolo xenial co libro e cociñando, pero moito mellor comendo os platos e postres que preparamos!

Houbo disfraces, lecturas e larpeiradas.


lunes, 6 de octubre de 2025

Escarlatina a cociñeira defunta

Os alumnos do club de lectura de Primaria comezan unha nova andadura da man de Andrea, a profesora de música, que este curso será a encargada de levar este club de lectura.

A 1ª das lecturas escollidas e un libro de Ledicia Costas, "Escarlatina a cociñeira defunta"



jueves, 2 de octubre de 2025

Empezamos en Secundaria


 Este curso o club de lectura de Secundaria lévao Marcos.

Timanti será a 1ª das lecturas

miércoles, 1 de octubre de 2025

sábado, 21 de junio de 2025

O seu listado

 Unha alumna do club de lectura de 6º deixoume o último día de curso o listado dos libros que lera co club e lectura este ano.

Impresionante!!!!!!!



sábado, 7 de junio de 2025

A saga dos Megatoxos

 Xa estamos rematando este curso e para facer boca para este verán imos  ler Os Megatoxos e o aprendiz de druida cos alumnos de 5º.

Sin dúbida é unha boa lectura para continuar no verán.



sábado, 24 de mayo de 2025

Lemos a Alicia Borrás

 Os alumnos do club de 5º leron dous libros de Alicia Borrás. Non ía ser menos xa que, si Nata y chocolate lles gustou, había que seguir a historia con ¡Nata y chocolate invencibles".





jueves, 15 de mayo de 2025

Letras galegas en 6º

 
 
 
 Co gallo das Letras Galegas, os alumnos do club de lectura de 6º estiveron traballando a poesía oral e coñecendo as cantareiras da man de dous libros
 
 




 

viernes, 9 de mayo de 2025

Exposición polas Letras Galegas

O equipo de Normalización Lingüística colocou no corredor da planta baixa do edificio de Primaria e Secundaria a exposición cos carteis remitidos pola Secretaría Xeral da Lingua arredor das cantareiras e da poesía popular oral galega e que foron elaborados polo CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda.


 
Tamén está colocada no corredor de Secundaria a exposición cos carteis elaborados polo IES Castelao, de Vigo  e remitidos pola Secretaría Xeral da Lingua sobre as cantareiras e a poesía popular oral galega.