Para rematar o libro deste trimestre que mellor que facelo con algo doce que xa nos anuncia que estamos ás portas da Pascua co seu tradicional roscón.
Disfrutamos de lectura e algo moi doce......
Para rematar o libro deste trimestre que mellor que facelo con algo doce que xa nos anuncia que estamos ás portas da Pascua co seu tradicional roscón.
Disfrutamos de lectura e algo moi doce......
E como non ía ser menos, as alumnas do club de lectura de secundaria fixeron a reunión en pixama tal e como mandaron as comandas do Meco.
Hoxe tivemos un encontro virtual con Eduard Velasco, autor do libro de poemas que acabamos de ler no Club de Lectura de Primaria: Animalario de ler a diario (Xerais).
Preguntámoslle sobre a súa traxectoria como autor, sobre os libros que escribiu e os que está por escribir, sobre o poemario e o que supón ser finalista do Premio Merlín... Falamos dalgúns dos poemas que máis nos chamaron a atención e démoslle as nosas opinións. Tamén nos contou cousiñas sobre a súa percepción das linguas e da literatura en xeral. O que máis curiosidade espertaba en nós era por qué nacendo en Barcelona escribe en galego, pero agora xa o entendimos todo : ) A verdade é que foi un encontro moi interesante!
Hoxe tivemos reunión do club e xa preparamos a seguinte co obxectivo de elixir itinerario e chegar ata onde se indican todas as intrucións do libro-xogo. Despois, tocará xogar (e ler).
Daniela de 5*, do Club de Lectura, animouse a probar unha das receitas incluídas no libro Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas.
Dixo que a Carrot cake quedou deliciosa. Quen se anima a probala??
Este vai ser o noso próximo libro no club de lectura de Primaria