Este é o blog do club de lectura do CPI de Pontecesures
miércoles, 22 de octubre de 2014
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero á que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, portque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran á terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos.
Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente deshabitada.
jueves, 16 de octubre de 2014
RECEITA
PARA UN CLUB DE LECTURA
Un
club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un
faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e hora fixo, salvo casos
excepcionais, reúnense para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro
anterior. En cada reunión acórdase o
número de páxinas para ler nos días posteriores, e é ese anaco o que se comenta
na seguinte reunión. Naturalmente calquera ten o dereito a sobrepasar ese
límite, pero non pode desvelar aos seus compañeiros o que sucede despois do
punto marcado.
INGREDENTES
Para
formar un club de lectura fan falla tres ingredientes:
Lectores
Varios
exemplares dun mesmo título
Un
coordinador
Os lectores
Son
os alumnos do colexio. O ideal sería nin menos de 10 nin máis de 20.
Os
libros
O
segundo requisito para formar un club son os libros, en cantidade suficiente
para que cada unha das persoas que forman parte do grupo poida manexar un
exemplar. É conveniente realizar a
selección en equipo. Varias persoas equivócanse menos que unha.
Convén contar cos clásicos, a pesar de que
poden provocar certo rexeitamento. Procurarase escoller os máis amenos e, antes
de proceder á súa lectura, obterase a
aprobación do grupo. A poesía acéptase de forma esporádica e como
complemento nas reunións: hai grupos aos que lles gusta empezar lendo un poema.
Cada día selecciónao unha persoa distinta e así vanse divulgando distintos
poetas.
A
ración semanal de lectura ronda as 100 páxinas, e non convén estar demasiadas
semanas coa mesma obra.
O
coordinador
As
funcións que exerce a coordinadora do club de lectura son as seguintes
moderar
as reunións: facer que se respecten as quendas de palabra, evitar
enfrontamentos, racionar o tempo de participación...
recoller
e transmitir ao grupo a mensaxe contida no libro
formular
preguntas que estimulen a intervención de todos os membros do grupo
organizar
actividades complementarias: encontros con autores, visitas a exposicións,
asistencias colectivas ao teatro, cine, festas...
ELABORACIÓN
Divulgar
a actividade mediante carteis e no blog dos ASALTACONTOS
Reunirémonos
na biblioteca tódolos xoves no primeiro recreo, xa que os venres hai reunión de
dinamización lingüística con Suso.
Nas
reunión semanais o coloquio empezará unha vez que esteamos sentados todos.
Suponse que todos os membros acoden coa lectura realizada, pero se algún non
puido chegar ao tope marcado, non importa xa que escoitar aos compañeiros falar
do que ocorreu nas páxinas non lídas é a mellor incitación para poñerse ao día
na sesión seguinte.
A
reunión pode comezar pedindo a coordinadora que algún voluntario dea a súa
opinión sobre o lído. Esa primeira intervención irá dando lugar a outras, pero
se chega o momento no que o grupo cala, o coordinador debe lanzar novas
preguntas. Non fai falla dicir que o coloquio se desenvolverá nun clima de respecto
e tolerancia, evitando os diálogos particulares.
Pódese
fomentar o costume de que os lectores anoten nunha libreta aquelas pasaxes que
máis lles gustaron ou que lles sorprenderon e lelos na reunión semanal ao resto
de compoñentes, compartindo a emoción estética que lles causou.
Ao
final de cada libro é interesante facer unha rolda de conclusións para que
todos os membros poidan dar a súa opinión final sobre a obra. É unha boa forma
de conseguir a participación das persoas máis reservadas.
REMATE
FINAL
A
receita do noso club xa está completa. Pero, como a todos os pratos de
calidade, convén poñerlle un adorno final.
Unha
das principais virtudes dos clubs de lectura é que abren o mundo da cultura ás
persoas que nun principio se achegan a eles só para ler máis. Pero as
actividades culturais posibles son moitas máis. Entre elas destacan:
Encontros
con algún escritor
Visitas
culturais
Método
de cohesión do grupo, compartimos non só a nosa experiencia coa lectura senón
tammén algo doce.
Que
teñades moi bó proveito todos cantos decidades participar!!!
jueves, 2 de octubre de 2014
Animádevos, comezamos o próximo venres 3 de outubre no segundo recreo.
jueves, 10 de abril de 2014
Our next book............and in English!!!!!!!!!
A ESMORGA, DE EDUARDO BLANCO AMOR
1. ANTES DE LER:
1.1 QUEN O ESCRIBIU?
A esmorga publicouse por primeira vez en Buenos Aires en 1959, cando España levaba xa dúas décadas de goberno ditatorial dirixido polo xeneral Franco. O seu autor, Eduardo Blanco Amor, que tiña daquela 60 anos, levaba vivindo na capital arxentina a maior parte da súa vida, a onde emigrara con tan só 20 anos.
A pesar do seu afastamento físico da Terra na que nacera, non deixou de participar activamente no movemento nacionalista que se desenvolveu a partir de 1916 arredor das Irmandades da Fala e a Xeración Nós, tempo no que destacou como poeta en lingua galega.Durante o periodo da Guerra Civil (1936-1939) apoiou dende os xornais bonaerenses nos que colaboraba a lexitimidade do bando republicano, o que lle impediu o regreso a Galicia durante os anos máis duros da represión franquista. De feito, aínda que a editorial Galaxia intentou publicar A esmorga aquí, a censura franquista impediuno. O libro traído a Galicia clandestinamente e distribuído entre un público non moi numeroso, acada, no entanto, un importante éxito e sinala un fito na renovación da nosa narrativa de posguerra.
Pouco tempo despois, en 1962, EBA volta definitivamente a Galicia, onde pasa os seus derradeiros anos, que decorren entre a súa cidade natal (Ourense), Santiago e Vigo, onde falece en 1979. As outras dúas obras narrativas en galego máis recoñecidas, Os biosbardos e Xente ao lonxe, publícanse nesta última etapa.
1.2. QUE TE PODE MOTIVAR PARA LELO?
A esmorga foi un libro que conseguiu moito éxito de público e crítica. Como mostra podemos sinalar as varias reedicións que tivo o libro, sobre todo cando xa morrera o autor. Axiña se converteu nun clásico da narrativa galega, cuxo contido foi obxecto de reelaboración noutros formatos artísticos: banda deseñada, música, cine...
No libro-cd editado en Ourense co gallo do 50 aniversario da súa publicación (EBA 5.0. O universo de Eduardo Blanco Amor, 50 anos despois d'A esmorga) podes ler, por exemplo, un cómic que versiona episodios do libro, meterte na pel dos personaxes a través dun xogo de rol ou escoitar varias cancións de grupos galegos baseados no contido da novela. Poderás levar un exemplar do libro-cd que compramos para a biblioteca do centro.
Entre estes grupos musicais, temos a Guezos, do cal é batería o teu profesor de música en E. primaria. Deles é o tema rock "A esmorga", que podes ouvir no enlace:Guezos
Tamén podes visionar o inicio do filme de Gonzalo Suárez Parranda, de 1977 cuxa versión en galego podedes atopar en:
Recoméndoche que vexas só ata o minuto 10'30'', posto que a película é unha adaptación moi libre da novela, que te pode confundir se a ves antes de lela. O inicio do filme tampouco recolle fielmente o que lerás nel, pero pode servirche para entender mellor o punto de partida argumental da trama. Fíxate se a ambientación e a linguaxe dese fragmento da película se adapta ou non ao libro.
Por último, debes saber que se está rodando en Ourense e no sur de Lugo unha nova versión cinematográfica d'A esmorga que veremos en breve. A rodaxe rematou o 30 de marzo deste ano e podes escoitar o que din algúns actores participantes no novo filme nun acto de presentación:
1.3. QUE É CONVENIENTE QUE SAIBAS PARA ENTENDERES E GOZARES DO LIBRO?
-O primeiro que quizais che chame a atención é a linguaxe utilizada polo protagonista, que non se adapta en absoluto ao galego normativo que estás a aprender nas aulas. O texto inclúe moitos vulgarismos, castelanismos e algún dialectalismos de Ourense e moitas palabras inventadas polo propio Blanco Amor. O importante non é, por tanto, que identifiques con exactitude o significado de cada palabra por separado, senón que vaias entendendo o sentido global do enunciado. Tamén que captes os matices emocionais, sociolóxicos ou incluso humorísticos que xiran arredor desas "palabras raras", posto que con elas o autor intenta facer un retrato dese personaxe marxinal e marxinado, que nin sequera fala o que a sociedade ben-pensante cre que é o que se debe falar. Fíxate na relación que pode haber entre estes catro items:
-O Cibrán non está casado legalmente, senón amigado cunha prostituta.
-O Cibrán traballa construíndo unha estrada pero non ten un contrato legal de traballo.
-O Cibrán ten unha doenza psíquico-física para a que non recibe un tratamento médico: automedícase inxerindo bebidas alcohólicas.
-O Cibrán fala un idioma que non é o oficial-legal do Estado no que vive, e, ademais, non o fala coas palabras que os académicos consideran correctas.
-Aparecerán ao longo da lectura moitos topónimos e antropónimos, entre estes últimos, moitos alcumes, algúns moi divertidos. Non te perdas no medio deles. Recoméndoche que no canto de marcapáxinas empregues unha tarxeta onde vaias anotando a lapis o nome do lugar onde transcorre a escena, o nome dos personaxes importantes cos que se encontran os protagonistas e o suceso moi resumido que acontece alí.
-Fíxate nas referencias constantes ao tempo meteorolóxico e á descrición sensorial dos espazos (referencias á luz, son, cheiros...) porque teñen un simbolismo claro na novela.
-A novela ambiéntase a fins do século XIX ou principios do XX nun lugar chamado Auria, que é o trasunto literario de Ourense na narrativa de EBA. Evidentemente os costumes non eran os mesmos cós de agora: había arrieiros en vez de empresas de mensaxería instantánea ou camioneiros, había xastres, fidalgos nos pazos, prostíbulos rexentados por "madamas"...
2. DURANTE A LECTURA.
Como actividade avaliadora individual vouche pedir que me entregues un DIARIO DE LECTURA. Consiste en que cada día anotes as páxinas que liches do libro e que indiques (non tes por que estenderte demasiado) as sensacións, lembranzas ou asociacións mentais que che transmitiron os sucesos desas páxinas. Pode ser que un suceso te leve á túa infancia e te poña alegre ou triste, que asocies un personaxe a unha película que viches recentemente, que veña á túa mente unha reflexión a raíz do que lle pasa a un personaxe... Podes incluír un debuxo, o título dunha canción, doutro libro ou película coa que relaciones ese fragmento se che parece oportuno.
3. DESPOIS DA LECTURA.
3.1. CUESTIONARIO DE COMPRENSIÓN INDIVIDUAL .-
3.1.1. Enumera brevemente nun cadro resumo os actos delitivos que cometen os tres esmorgantes ao longo do libro por orde cronolóxica.
MOMENTO NO QUE SE SITÚA ACTO DELITIVO QUE SE COMETE
3.1.2. Sinala nun mapa de Google Maps da cidade de Ourense o percorrido dos tres esmorgantes. Pódeche axudar a Ruta turística da Esmorga da cidade de Ourense:
Abres Google Maps en galego, vas á cidade de Ourense e vas poñendo o nome das rúas por onde pasaron os esmorgantes en "obter indicacións", "engadir destino". No mapa vaise sinalando cunha frecha o itinerario. Cando o teñas concluído, imprímelo
3.1.3. O discurso narrativo artéllase arredor das respostas de Cibrán ante as preguntas ausentes do xuíz. Imaxina ti cales serían as cinco primeiras preguntas do xuíz tendo en conta as respostas do Cibrán.
3.1.4. Selecciona cinco alcumes de entre os que aparecen na novela referidos a personaxes secundarios que máis che chamaron a atención. Indica cal é o papel dese personaxe no desenlace argumental da novela.
3.1.5. Que lle sucedeu ao final aos tres protagonistas?
3.2. CUESTIONARIO ORAL PARA A POSTA EN COMÚN DA LECTURA DA NOVELA.
Entre todos nunha sesión falaremos sobre como interpretamos e xulgamos o sucedido na novela. Podemos seguir este guión sobre o que reflexionarás brevemente na casa para poderes participar logo no debate.
3.2.1. A precariedade laboral é unha constante nos nosos tempos. Aparece tamén tratado este tema no libro? Sinala algunha realidade laboral actual que se poida relacionar co que sucede neste sentido na novela.
3.2.2. A pesar dos golpes e insultos, o Bocas e o Milhomes eran inseparables. Como definirías ti a relación que hai entre eles? Argumenta a resposta.
3.2.3. O tema da homosexualidade está presente na novela e xúlgase a través da visión do Cibrán. Cal é a súa visión sobre ela? Que relación ten este tema cos demais da novela?
3.2.4. A que se pode referir o Cibrán cando fala de que é asediado polo "Pensamento"?
3.2.5. A realidade sociolingüística de Galicia tamén está presente na novela. Exemplifícase dalgunha maneira a diglosia?
3.2.6. O final da novela queda aberto a varias interpretacións. Como o interpretas ti?
viernes, 21 de marzo de 2014
¿Cuántas veces entra un lector en una librería buscando un libro de poemas y sale con una novela o, lo que es peor, con una decepción? Libros de poemas hay muchos; buenos libros de poemas tamién, pero: ¿siempre sabe dónde encontrarlos?, ¿conoce el nombre de esos autores?
Miguel Munárriz, poeta, periodista y experto en comunicación, ha escrito este libro <<de poemas con argumento>> para aquellos lectores que no encuentran en la poesía el placer que suele proporcionarles la prosa.
Con Poesía para los que leen prosa queda abierta la veda para encontrar en la poesía un arma de placer contra el tedio y la vulgaridad, a favor de un cambio de actitud ante la vida.
Se premesaquípoderás ler
as primeiras páxinas do libro, seguro que Calpurnia convertirase nunha das túas
personaxes preferidas.
Tamén podes visitar awebda autora, Jacqueline Kelly ou lerunha entrevista con ela para saber e desta súa primeira e
exitosa obra onde consegue unha boa mestura entre ciencia e ficción