martes, 21 de diciembre de 2021

As malas mulleres de Marilar Aleixandre

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

 

 A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.




jueves, 9 de diciembre de 2021

Memoria do silencio de Eva Mejuto

 

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.


Book tráiler realizado por Lucía Grela Seoane




jueves, 11 de noviembre de 2021

Un puñado de estrelas de Rafik Schami

Ao longo de tres anos, un mozo de Damasco escribe o seu diario persoal, no que recolle non só as súas vivencias no paso da infancia ao mundo adulto, senón tamén a vida da cidade, na que conviven diferentes culturas e na que se dan situación inxustas.

O protagonista ten que abandonar a escola para traballar na panadería do seu pai, e decide fundar cos seus amigos un xornal clandestino no que denunciar as desigualdades que afogan o pobo sirio nos anos 80.



sábado, 30 de octubre de 2021

viernes, 8 de octubre de 2021

Denébola a roxa

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela.

Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. 

Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. 

Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo. Nunha época en que as mulleres están subordinadas por completo aos designios masculinos e condenadas a un papel de submisión, Denébola agarra con forza o temón da súa vida e acaba sendo primeiro capitá dun barco pirata e logo propietaria dun dos maiores consorcios para o transporte de mercadorías entrambas as beiras do Atlántico. 

'Denébola a Roxa' é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.

jueves, 6 de mayo de 2021

Mes da poesía

Este mes de maio ímonos adicar a ler poesía e para acercarnos un pouco pedímoslle colaboración á profe de Educación Física do colexio xa que lle gusta moito.

Así, fíxonos unha pequena selección de títulos en castelán e galego.












sábado, 1 de mayo de 2021

Encontro con David Pobra

Onte tivemos un encontro con David, o profe de lingua e lengua no noso colexio.

Pero David non é só o profe do colexio senón que tamén é o autor de "Liña azul" e, este foi un dos libros elexidos no club de lectura este ano.

“Liña azul” é unha obra metaliteraria provocadora, que interroga, que propón incorporarnos ao mundo da escritura, percorrer as estacións da liña azul a velocidade de vertixe.

Unha novela con moito humor, con un detective torpe, que non sabe moi ben cal é o seu obxectivo e que se atopa desorientado no metro de Barcelona.


 


jueves, 15 de abril de 2021

Saga Olvidados

A saga que este ano entusiasma é Olvidados de Michael Grant.

Unha alumna regalounos Olvidados e Hambre, e decidimos adquirir o resto.

Gracias Ana.



Nun abrir e cerrar de ollos, todos desaparecen. Olvidados. Excepto os xóvenes, adolescentes, nenos, bebés. Pero non queda nin un adulto. E non funcionan os teléfonos, a televisión nin internet. Non hai maneira de saber o que pasou, non hai forma de pedir axuda.

A fame ameaza. Os matóns mandan. E unha criatura siniestra acecha…É entón cando os adolescentes empezan a desenrrolar novos talentos, inimaxinables, perigosos, que se fortalecen día tras día. Trátase dun novo mundo no que hai que tomar partido, Prepárase unha pelexa, e acábase o tempo: o día do teu cumpreanos desaparecerás...como todos os demáis.


jueves, 8 de abril de 2021

Liña azul

"Liña azul" é o noso próximo libro e ademáis teremos a sorte de falar co seu autor, David Pobra; xa que este ano e profesor no centro.

                          David Pobra




jueves, 18 de marzo de 2021

Novidades na maleta de igualdade

Chegou unha maleta de igualdade á biblioteca e moitos dos alumnos mostraron interese en algunhas novidades.


Eleanor es nueva en el instituto; su vida familiar es un desastre; con su intenso pelo rojo, su extraña y poco conjuntada forma de vestir no podría llamar más la atención aunque se lo propusiese.

Park es un chico mitad coreano; su vida familiar es tranquila; no es exactamente popular, pero con sus camisetas negras, sus cascos y sus libros ha conseguido ser invisible.

Todo empieza cuando Park accede a que Eleanor se siente a su lado en el autobús del instituto el primer día de clase. Al principio ni siquiera se hablan, pero poco a poco comparten sus hobbies y empiezan una relación de amistad... para terminar enamorándose de la forma en que te enamoras la primera vez, cuando eres joven, y sientes que no tienes nada y todo que perder.


Una historia de amor transgénero.

Nadie está a gusto en su propio cuerpo. Pero Dylan siente que el suyo es demasiado. Demasiado alto, demasiado peludo, demasiado grande.

En terapia conocerá a Jamie y, por primera vez en su vida, encajará. Ella le mira como nadie lo ha hecho antes. Y cuando él la mira, ve en ella todo lo que siempre ha querido. En cambio los demás, cuando miran a Jamie, ven algo completamente distinto.

Y cuando la presenta como «su chica», sus amigos se ríen. Demasiado.


Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada

viernes, 5 de marzo de 2021

8 de marzo

 

Los medios conservadores presentan a las feministas como mujeres antihombres, siempre enfadadas” así comeza o ensaio de Bell Hooks, unha bomba de realidade, creada para desaprender o que nunca deberíamos ter aprendido. Este ensaio fálanos dun feminismo, que vai máis alá da igualdade entre homes e mulleres, un feminismo anticlasista, antirracista e antihomófobo.

Este feminismo é exclusivo para as persoas que queren superar as barreiras que impón o patriarcado. Onde todas as mulleres, de calquer raza, con calquera orientación sexual están presentes. Este non é un feminismo das mulleres brancas, de clase alta, este é o feminismo do pobo, das mulleres negras, das mulleres brancas, das lesbianas, das heterosexuais...

De todas as persoas que buscan un futuro mellor, un futuro onde poder vivir sen medo, que ter alimento e un fogar non sexa un luxo, un futuro sen explotadores nin explotados, sen ricos nin pobres, onde poder querer a unha persoa sin que sexa un delito. 

Este feminismo quere transportarnos a ese momento en que todos eramos iguais, antes de que a raza nos desconectara, antes de que a relixión non separara e o diñeiro nos clasificara.

Helena G.T.


jueves, 4 de marzo de 2021

Croquetas y wasaps

 




Para Begoña Oro, Croquetas y wasaps es una invitación a tirarse a la piscina, una vacuna contra la imbecilidad, una lección sobre cómo una novela de formación), como un tetrabrik con concentrado de vida.

Andaba por el Himalaya haciendo trekking y una madrugada, al echar a andar, asistí a una lluvia prodigiosa de hojas que caían arrancadas por un viento suave. Pensé entonces en lo fácil que era para los árboles dejar ir a las hojas y en lo difícil que resulta para las personas despedirse. Y me propuse escribir una historia sobre una chica que se aferra a alguien a quien debería dejar ir. 

Luego la novela creció y creció, y la protagonista también. 

Lucas no está preparado para..., para..., para... y claro, el tiempo se detiene cuando no consigue terminar la frase, los bordes de la realidad se comban y la vida deja de tener sentido para la pobre Clara. De nada sirve el gloss que se ha puesto para la ocasión, la ropa que ha escogido o la raya del ojo. Lucas no está preparado y ella, tonta enamorada, se acaba de quedar con el corazón roto en una mano y una declaración de sentimientos interrumpida en la otra.

¿Qué importa si su abuelo y su madre se pasan el día enzarzados en una guerra sin sentido? ¿Qué más da que la regañen por unos sprays de pintura que no son suyos? ¿O que suspenda? ¿O que todos sus amigos intenten animarla? ¿O que Unai haya inventado dos nuevas versiones en las últimas semanas sobre cómo murió su padre? Ella solo quiere recuperar al perfecto y guapísimo Lucas, al chico por el que todas suspiran, al chico con el que sueña en cuanto se despista,  ya sea de noche o de día. Pero, a veces, el universo se confabula para narrar una historia bien distinta a la que nosotros hemos planeado, por mucho que queramos sentirnos los protagonistas. Y esto es algo que Clara descubrirá pronto: que, a veces, lo más importante no es lo que más deseamos, sino lo que ya tenemos y no sabemos apreciar.


jueves, 18 de febrero de 2021

A granxa dos animais


A granxa dos animais é unha novela satírica de mediados de 1945 na que GeorgeOrwell nos presenta a uns animais nunha granxa e contanos as situacións que viven baixo o mandato do señor Jones e como cambian as cousas cando Napoleón, O porco, toma o mando.






jueves, 11 de febrero de 2021

A pel do mundo

Este libro é unha viaxe.

Imos comezar: para ler poesía hai que ser o máis libre posible. Prepáradevos para coñecer persoas, sabores, nome, linguas, costumes, palabras e formas de vida diferentes á súa.

Non permanezades nos vosos asentos, para cambiar o mundo, cómpre non estardes quietos.

viernes, 5 de febrero de 2021

Compartir en momentos difíciles

Nas nosas sesións ademais de compartir lecturas tamén tivemos tempo para compatir algo doce con moitas precaucións.



martes, 2 de febrero de 2021

Música no faiado

 

A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

jueves, 28 de enero de 2021

As súas eleccións

 

Cada un dos nosos membros ten un gusto particular e diferente, así o expresaron e desexaron ter esos libros nas súas mans. 

Estas son as imaxes de algúns deles.

Agora só toca desfrutalos e compartilos.

 





viernes, 22 de enero de 2021

O neno inverno


 O neno inverno, é un conto que ten como escenario o frío, a montaña e os animais que alí habitan. Os protagonistas da historia son dous nenos que chaman a atención pola súa singularidade e polo seu carácter.

A fantasía e o misterio son cousa da loba e os seus lobeznos.

Alex, é a nena valente que acompañará a Inverno, o neno albino, na tarea de perder o medo ao diferente.

A aventura lévanos a reflexionar sobre a necesidade de rexeitar prexuicios sociais e ofrécenos con sexibilidade claves para salvar obstáculos como o acoso escolar.


jueves, 14 de enero de 2021

Os camiños do vento

 

O noso libro de lectura en común no mes de Xanerio é “Os camiños do vento” de Xavier Estévez.



Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na súa pescuda por descubrir quen é esa rapaza, aprenderán a ver o mundo con outros ollos e coñecerán dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar á vila: unha viaxe a través dos camiños do vento.