lunes, 20 de junio de 2022

O Pequeno Hoplita


Os rapaces de 1º e 2º de ESO foron a Infantil e 1º de Primaria a ler O Pequeno Hoplita.


Imane, Brais e Tomás fixeron cascos, espadas e escudos para ambientar a lectura.




sábado, 18 de junio de 2022

Lectura en Infantil 4 anos

 O Club de lectura remata o curso levando aos máis pequenos do CPI de Pontecesures un agasallo en forma de lectura.

Érica e Lucía, de 3º de ESO, foron a Infantil de 4 anos. Contáronlle a historia de “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”.

Ademáis fixéronlle un animaliño dos que saían no libro a cada un dos nenos e nenas da aula. Quedaron ben contentos!!!!

















sábado, 11 de junio de 2022

Ulf de Jacobsland. Os vikingos en Galicia

O 10 de xuño tivemos unha nova xuntanza do noso club de lectura. Nesta ocasión conversamos arredor de Ulf de Jakosland, un cómic sobre os viquingos na Galiza durante a Idade Media.