viernes, 5 de marzo de 2021

8 de marzo

 

Los medios conservadores presentan a las feministas como mujeres antihombres, siempre enfadadas” así comeza o ensaio de Bell Hooks, unha bomba de realidade, creada para desaprender o que nunca deberíamos ter aprendido. Este ensaio fálanos dun feminismo, que vai máis alá da igualdade entre homes e mulleres, un feminismo anticlasista, antirracista e antihomófobo.

Este feminismo é exclusivo para as persoas que queren superar as barreiras que impón o patriarcado. Onde todas as mulleres, de calquer raza, con calquera orientación sexual están presentes. Este non é un feminismo das mulleres brancas, de clase alta, este é o feminismo do pobo, das mulleres negras, das mulleres brancas, das lesbianas, das heterosexuais...

De todas as persoas que buscan un futuro mellor, un futuro onde poder vivir sen medo, que ter alimento e un fogar non sexa un luxo, un futuro sen explotadores nin explotados, sen ricos nin pobres, onde poder querer a unha persoa sin que sexa un delito. 

Este feminismo quere transportarnos a ese momento en que todos eramos iguais, antes de que a raza nos desconectara, antes de que a relixión non separara e o diñeiro nos clasificara.

Helena G.T.


No hay comentarios:

Publicar un comentario