miércoles, 22 de octubre de 2014



A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero á que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, portque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran á terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos.
Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente deshabitada.

jueves, 16 de octubre de 2014

RECEITA PARA UN CLUB DE LECTURA
Un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e hora fixo, salvo casos excepcionais, reúnense para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior. En cada reunión  acórdase o número de páxinas para ler nos días posteriores, e é ese anaco o que se comenta na seguinte reunión. Naturalmente calquera ten o dereito a sobrepasar ese límite, pero non pode desvelar aos seus compañeiros o que sucede despois do punto marcado.
                                                                                                       
 INGREDENTES
Para formar un club de lectura fan falla tres ingredientes:
  •  Lectores
  • Varios exemplares dun mesmo título
  • Un coordinador

  •   Os lectores

Son os alumnos do colexio. O ideal sería nin menos de 10 nin máis de 20.

  • Os libros

O segundo requisito para formar un club son os libros, en cantidade suficiente para que cada unha das persoas que forman parte do grupo poida manexar un exemplar.   É conveniente realizar a selección en equipo. Varias persoas equivócanse menos que unha.
   Convén contar cos clásicos, a pesar de que poden provocar certo rexeitamento. Procurarase escoller os máis amenos e, antes de proceder á súa lectura, obterase a  aprobación do grupo. A poesía acéptase de forma esporádica e como complemento nas reunións: hai grupos aos que lles gusta empezar lendo un poema. Cada día selecciónao unha persoa distinta e así vanse divulgando distintos poetas.
A ración semanal de lectura ronda as 100 páxinas, e non convén estar demasiadas semanas coa mesma obra.

  • O coordinador

As funcións que exerce a coordinadora do club de lectura son as seguintes
moderar as reunións: facer que se respecten as quendas de palabra, evitar enfrontamentos, racionar o tempo de participación...
recoller e transmitir ao grupo a mensaxe contida no libro
formular preguntas que estimulen a intervención de todos os membros do grupo
organizar actividades complementarias: encontros con autores, visitas a exposicións, asistencias colectivas ao teatro, cine, festas...

ELABORACIÓN
  • Divulgar a actividade mediante carteis e no blog dos ASALTACONTOS
  • Reunirémonos na biblioteca tódolos xoves no primeiro recreo, xa que os venres hai reunión de dinamización lingüística con Suso.
  • Nas reunión semanais o coloquio empezará unha vez que esteamos sentados todos. Suponse que todos os membros acoden coa lectura realizada, pero se algún non puido chegar ao tope marcado, non importa xa que escoitar aos compañeiros falar do que ocorreu nas páxinas non lídas é a mellor incitación para poñerse ao día na sesión seguinte.
  • A reunión pode comezar pedindo a coordinadora que algún voluntario dea a súa opinión sobre o lído. Esa primeira intervención irá dando lugar a outras, pero se chega o momento no que o grupo cala, o coordinador debe lanzar novas preguntas. Non fai falla dicir que o coloquio se desenvolverá nun clima de respecto e tolerancia, evitando os diálogos particulares.
  • Pódese fomentar o costume de que os lectores anoten nunha libreta aquelas pasaxes que máis lles gustaron ou que lles sorprenderon e lelos na reunión semanal ao resto de compoñentes, compartindo a emoción estética que lles causou.
  • Ao final de cada libro é interesante facer unha rolda de conclusións para que todos os membros poidan dar a súa opinión final sobre a obra. É unha boa forma de conseguir a participación das persoas máis reservadas.

REMATE FINAL
A receita do noso club xa está completa. Pero, como a todos os pratos de calidade, convén poñerlle un adorno final.
Unha das principais virtudes dos clubs de lectura é que abren o mundo da cultura ás persoas que nun principio se achegan a eles só para ler máis. Pero as actividades culturais posibles son moitas máis. Entre elas destacan:
Encontros con algún escritor
Visitas culturais
Método de cohesión do grupo, compartimos non só a nosa experiencia coa lectura senón tammén algo doce.


Que teñades moi bó proveito todos cantos decidades participar!!!

jueves, 2 de octubre de 2014