sábado, 19 de diciembre de 2015

Tarde especial



O pasado xoves tocou tarde de reunión especial cos integrantes do club de lectura.  A cita, requeríao, tocaba comentar a fondo a nosa última lectura “Cidades de papel”…..e non defraudou.
A reunión foi todo un éxito e a conclusión final foi que é mellor ler que ver a película.


Tarde de cine

domingo, 15 de noviembre de 2015

Tarde de cine


O pasado mércores tivemos a primeira das nosas tardes de cine co club de lectura, despois de ler “Las ventajas de ser un marginado”, vimos a película. Ainda que xa comenzamos o noso segundo libro, esta foi a fecha que na que podíamos participar máis compoñentes.

Pasámolo en grande.

Ánimo rapaces.




miércoles, 11 de noviembre de 2015

Ciudades de papel




Ciudades de papel (título orixinal en inglés: Paper Towns) é a terceira  novela de John Green. A editorial Dutton Books publicouna  o  16 de outubro de 2008. Pero volve a estar de actualidade entre a xente xoven pola adaptación cinematográfica estreada este ano e protagonizada por Cara Delevingne, como Margo Roth Spiegelman e Nat Wolff como Quentin, ou "Q".



A novela conta a historia de Quentin, unha adolescente que vive á beira de Margo Roth Spiegelman. Son amigos dende a infancia por vivir tan preto. Desafortunadamente co longo dos anos, a súa relación  deteriorase ata  o punto de converterse case nuns descoñedidos.  Unha noite Margo aparece na fiestra Quentin, tal e como facía cando eran pequenos, para pedirlle  o seu coche. Ao final, Quentin acaba acompañando a Margo mentres esta intenta vingarse do seu ex-mozo. Á mañá seguinte Quentin vai á escola esperando encontrarse con ela pero non aparece. Non lle da importancia pero despois da aparición dun detective entende que algo lle pudo pasar . A partir dese momento Quentin, xunto cos seus dous amigos e a ex-mellor amiga de Margo, tentan atopala seguindo unhas extranas pistas que a rapazsa deixara.



20th Century Fox fixo a película co mesmo equipo de “Bajo la misma estrella” e dirixida por Jake Schreier.

A película estrenouse o 24 de xullo deste ano en honor ao primeiro aniversario de “Bajo la misma estrella”

viernes, 2 de octubre de 2015

Las ventajas de ser un marginado


Este é o noso primeiro libro



Charlie, un xoven tímido e marxinado, escribe unha serie de cartas a unha persoa sin identificar nas que aborda asuntos como a amistade, os conflictos familiares, as primeiras citas, o sexo ou as drogas. O noso protagonista terá que afrontar dificultades, ao tempo que loita por encontrar un grupo de persoas coas que poida encaixar e sentirse a gusto.