Carlos Negro
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran unha fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos.