E
o segundo é........todo un boom neste intre......
A
partir dunha idea da escritora norirlandesa Siobhan Dowd, que en 2007 perdeulle
a batalla ao cancro, Patrick Ness tece unha historia emocionante, divertida e
conmovedora;
O
seu protagonista é un rapaz agoniado porque a súa nai está gravemente enferma.
A aparición dun impoñente monstro que chega para contarlle tres historias, fai
que teña que enfrontarse á realidade malia o medo á dureza coa que se lle
presenta a vida.
Esta
é a primeira novela xuvenil de Patrick Ness, que xa conseguira o recoñecemento
da crítica pola súa triloxía “Chaos walking”. O escritor de orixe
estadounidense afincado no Reino Unido, que tamén recibiu os premios Guardian e
Booktrust pola súa traxectoria literaria, ten publicado tamén novelas para
adultos e relatos curtos.