Amanece. Nun hospital,
Luci está en coma. Sufríu un golpe de calor debido a una pastilla de éxtasis, a
droga de diseño de moda. Os seus amigos empezan a reflexionar sobre o sucedido
o día anterior; a súa mellor amiga, bulímica, enfróntase finalmente
a sí mesma; o rapaz que está namorado dela busca ao camello que lle vendeu a
pastilla coa esperanza de axudala a salvar a vida. A policía tamén o busca e un
periodista intenta destapar todo. Nunhas horas, todo se descontrola, e os que a
coñecen loitan por ela pero tamén por mellorar as súas vidas e recuperar o
tempo perdido.
O libro de Jordi Sierra i Fabra está inspirado
nun feito real.
Leah Betts e Helen Cousins non tiveron a mesma
sorte que Lucy. Leah Betts morreu aos cinco días de estar en coma e Helen
despertou despois de dous meses.
Booktrailer
Audio libro
Película en catalán
"Strawberry fields forever" The Beatles 1967