jueves, 31 de octubre de 2019

Lemos clásicos


Algunhas rapazas do  club quixeron coñecer un clásico da literatura….nada menos que a  Shakespeare. A nosa intención é que todas poidan coñecer algo da súa obra, así que mentras unhas len Hamlet e outras Mcbeth, o resto le fragmentos.

martes, 29 de octubre de 2019

Bala perdida

Bala perdida

Os máis novos do noso club están a ler Bala perdida de Manuel Rivas….todo un encontro con piratas

jueves, 10 de octubre de 2019

O que sei do silencio


«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.