jueves, 28 de enero de 2021

As súas eleccións

 

Cada un dos nosos membros ten un gusto particular e diferente, así o expresaron e desexaron ter esos libros nas súas mans. 

Estas son as imaxes de algúns deles.

Agora só toca desfrutalos e compartilos.

 





viernes, 22 de enero de 2021

O neno inverno


 O neno inverno, é un conto que ten como escenario o frío, a montaña e os animais que alí habitan. Os protagonistas da historia son dous nenos que chaman a atención pola súa singularidade e polo seu carácter.

A fantasía e o misterio son cousa da loba e os seus lobeznos.

Alex, é a nena valente que acompañará a Inverno, o neno albino, na tarea de perder o medo ao diferente.

A aventura lévanos a reflexionar sobre a necesidade de rexeitar prexuicios sociais e ofrécenos con sexibilidade claves para salvar obstáculos como o acoso escolar.


jueves, 14 de enero de 2021

Os camiños do vento

 

O noso libro de lectura en común no mes de Xanerio é “Os camiños do vento” de Xavier Estévez.



Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na súa pescuda por descubrir quen é esa rapaza, aprenderán a ver o mundo con outros ollos e coñecerán dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar á vila: unha viaxe a través dos camiños do vento.