Ao longo de tres anos, un mozo de Damasco escribe o seu diario persoal, no que recolle non só as súas vivencias no paso da infancia ao mundo adulto, senón tamén a vida da cidade, na que conviven diferentes culturas e na que se dan situación inxustas.
O protagonista ten que abandonar a escola para
traballar na panadería do seu pai, e decide fundar cos seus amigos un xornal
clandestino no que denunciar as desigualdades que afogan o pobo sirio nos
anos 80.