A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a
memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha
atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da
dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos
libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás
desesperadas.
A través das páxinas de As
malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo
tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15
anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como
Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para
entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa
prantos sobre encontros cos predadores sexuais.