Neste caso o elexido foi "Un mosquito de nome Henry" de Raúl Dans.
Unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vaise ter que enfrontar á malvada avespa Roque. Unha libélula cantante de jazz, unha araña pianista, un moscón excampión dos pesos pesados e moitos personaxes máis .