miércoles, 13 de diciembre de 2023
miércoles, 15 de noviembre de 2023
Club de 6º
miércoles, 25 de octubre de 2023
Mellor con biscoito
miércoles, 11 de octubre de 2023
O Nicolasiño
Volve un clásico para comenzar no club de lectura de 5º
Matilda, Paola, Clara, Mara e Aya son as alumnas participantes no club de lectura de 5º.
Benvidas rapazas, xa veredes canto imos desfrutar cos libros.
Calpurnia Tate
Este é o libro que imos ler no club de lectura de Secundaria.
«Aquel verano de 1899, yo tenía once años y era la única chica de siete hermanos. ¿Os podéis imaginar una situación peor?
Me llamo Calpurnia Virginia Tate...»
Calpurnia, Callie Vee, es una niña que vive en un pueblo de Texas. A pesar de que su madre insiste en que aprenda a tocar el piano, coser y cocinar, ella está más interesada en lo que ocurre tras la puerta cerrada de la biblioteca, o en el laboratorio de su abuelo. Poco a poco irá ganándose a este señor un tanto huraño y empezará a colaborar con él en sus observaciones del medio natural, aprenderá quién es Darwin, qué son las especies y las subespecies, y también lo idiotas que se vuelven los hermanos mayores cuando se enamoran.
lunes, 2 de octubre de 2023
Empezamos!!!!!
Os alumnos do club de lectura de 5º reunímonos todos os mércores no recreo.
jueves, 15 de junio de 2023
miércoles, 7 de junio de 2023
No sé como llamar a mi gato
Julia e Sabela, alumnas do club de lectura de 5º foron a lerlle un conto aos alumnos de Infantil 3 anos.
jueves, 1 de junio de 2023
O verán no que miña nai tivo os ollos verdes
Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.
lunes, 22 de mayo de 2023
lunes, 1 de mayo de 2023
A neve interminable
A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central.
Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI.Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
miércoles, 19 de abril de 2023
El diablo de los números
No club de lectura de 5º empezamos a lectura de "El diablo de los números" un libro para nenos e xóvenes adultos que explora as matemáticas escrito en 1997 polo alemán Hans Magnus Enzensberger.
Podes acceder ao enlace e ler o libro El diablo de los números
jueves, 13 de abril de 2023
Cartas de amor
No club de lectura de ESO empezamos novo libro. "Cartas de amor" de Fran Alonso.
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración... E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais -persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.
miércoles, 12 de abril de 2023
Velloucas e Minchas
As alumnas do club de lectura de 6º van ler Velloucas e Minchas de Lorena Conde onde se adentrarán no mundo de Sofía e a súa amiga Gabri
Despois do ?suceso?, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas.Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?
Exposición de haikus
Exposición de haikus na biblioteca feitos no taller de poesía polos alumnos de 1º ESO e o club de lectura
miércoles, 29 de marzo de 2023
Taller de poesía
Para celebrar o día da poesía, fixemos un taller de poesía cos alumnos de 1º ESO e os rapaces do club de lectura.
O taller levouno a cabo Marta, a profesora de Educación Física, que acaba de publicar o seu derradeiro libro de poemas "Veinte estaciones son cinco años"
jueves, 23 de marzo de 2023
Xogamos coas palabras e as letras
No club de lectura de 5º de Primaria estamos lendo El asesinato de la profe de lengua e na última sesión adicámonos a xogar coas letras e as palabras.
Un xeito divertido de aprender!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
miércoles, 22 de marzo de 2023
Telegramas en cuarentena
Para celebrar o día da poesía os alumnos do club de lectura de Secundaria e os alumnos de 1º de ESO tivemos un encontro con Marta Ojea, autora de Telegramas en cuarentena e profesora de Educación Física no noso colexio.
O seu poemario é o resultado de dous meses de encerro durante a pandemia de covid-19 e reflexan o día a día da autora nunha experiencia compartida por medio planeta.
Telegramas en cuarentena es el resultado de dos meses de encierro durante la pandemia de covid-19. Reflejan el día a día de la autora en una experiencia compartida por medio planeta que pasará a la historia del siglo XXI como el momento en el que el mundo se paró para sobrevivir. Un momento que sirvió para mirar hacia nuestro interior y descubrirnos a nosotras mismas, en el que aprendimos a escucharnos, tal vez a querernos y, finalmente, volver al mundo con una mirada nueva.