miércoles, 19 de abril de 2023

El diablo de los números

No club de lectura de 5º empezamos a lectura de "El diablo de los números" un libro para nenos e xóvenes  adultos que explora as matemáticas escrito en 1997 polo alemán Hans Magnus Enzensberger. 



O libro trata sobre un rapaz chamado Robert, a quen un astuto “Demo dos números” chamado Teplotaxl lle enseña matemáticas durante doces sonos. 






Podes acceder ao enlace e ler o libro El diablo de los números

jueves, 13 de abril de 2023

Cartas de amor

No club de lectura de ESO empezamos novo libro. "Cartas de amor" de Fran Alonso.

As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración... E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais -persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.


miércoles, 12 de abril de 2023

Velloucas e Minchas

As alumnas do club de lectura de 6º van ler Velloucas e Minchas de Lorena Conde onde se adentrarán no mundo de Sofía e a súa amiga Gabri 

Despois do ?suceso?, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas.

Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?

Exposición de haikus

Exposición de haikus na biblioteca feitos no taller de poesía polos alumnos de 1º ESO e o club de lectura