Timanti será a 1ª das lecturas
jueves, 2 de octubre de 2025
miércoles, 1 de octubre de 2025
sábado, 21 de junio de 2025
O seu listado
Unha alumna do club de lectura de 6º deixoume o último día de curso o listado dos libros que lera co club e lectura este ano.
Impresionante!!!!!!!
sábado, 7 de junio de 2025
A saga dos Megatoxos
Xa estamos rematando este curso e para facer boca para este verán imos ler Os Megatoxos e o aprendiz de druida cos alumnos de 5º.
Sin dúbida é unha boa lectura para continuar no verán.
sábado, 24 de mayo de 2025
Lemos a Alicia Borrás
Os alumnos do club de 5º leron dous libros de Alicia Borrás. Non ía ser menos xa que, si Nata y chocolate lles gustou, había que seguir a historia con ¡Nata y chocolate invencibles".
jueves, 15 de mayo de 2025
Letras galegas en 6º
viernes, 9 de mayo de 2025
Exposición polas Letras Galegas
O equipo de Normalización Lingüística colocou no corredor da planta baixa do edificio de Primaria e Secundaria a exposición cos carteis remitidos pola Secretaría Xeral da Lingua arredor das cantareiras e da poesía popular oral galega e que foron elaborados polo CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda.
miércoles, 23 de abril de 2025
viernes, 4 de abril de 2025
Visita de Antonio M. Fraga
Hoxe os alumnos dos clubs de lectura de 5º e 6º e os seus compañeiros de aula tiveron o pracer de coñecer ao autor dun dos libros que leron este ano "Como escorrentar un lobo".
Antonio M. non é a primeira vez que ven ao noso colexio, pero si é a primeira que coñece aos alumnos de 5º e 6º.
Durante 1 hora estiveron conversando sobre o libro, primeiro fíxolle unha pequena presentación e logo e falaron de todas as inquedanzas que lles supuxo a súa lectura.
sábado, 29 de marzo de 2025
Homenaxe a Castelao
Este 2025 celébrase o 75º aniversario da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, unha das personalidades máis influíntes da Galicia contemporánea. Institucións, entidades da sociedade civil, e tamén nos, queremos celebrar o seu legado artístico, político e social.
Por iso eleximos Cousas para o club de lectura da ESO
viernes, 7 de marzo de 2025
viernes, 7 de febrero de 2025
Triloxía La asistenta
Os alumnos de secundaria de este ano buscan thrillers psicolóxicos...e decantáronse pola triloxía de "La Asistenta" de Freida McFadden. Unha adictiva novela da serie mais viral do momento.
A serie é coñecida polo seu ritmo vertixinoso, xiros inesperados e humor negro.



.jpeg)

.jpeg)






.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
