Fina Casalderrey e Francisco Castro con catro mans e vinte dedos foron quen de escribir cinco relatos que entre a lectura de cada un deles tíñamos que deixar pasar un tempo para sobrepornos. Agora, cando falamos de nenos con nome -Aakesh, Nadim, Altair, Leila o Carlos- non hai escapatoria, tócanos a fibra sensible. Todos eles teñen ou establecen unha relación especial cun can, que parece ser o único toque de ternura que se lles permite nas súas vidas privadas de algun dos seus deritos fundamentais.
Non sabemos ben onde empeza e onde acaba a man de cada un deles.
"O neno can" é un libro a favor de UNICEF, así, cada un dos contos é introducido cunha interpretación dos artículos da Convención dos Dereitos dos Nenos/as, que logo veremos vulnerado na historia que nos relatan. Igualmente, remátase cada un deles cunha cita.
En definitiva, é un libro para ler, para disfrutar e, sobre todo, para reflexionar.
Francisco Castro e Fina Casalderrey con este libro denuncian a mala vida de moitos nenos e nenas. Eles non calan, non cumplen con aquelo do que se lamenta Mahatma Gandhi e que lle pon punto final ó primeiro conto, "O neno can", e que di:
"O máis terrible das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa."
No hay comentarios:
Publicar un comentario