jueves, 28 de noviembre de 2013

En nuestra 2º sesión trataremos el relato ilustrado.

 Para ello tenemos tres títulos de Silvia Guirado

Los colores olvidados


El despertar


La inspiración dormida

viernes, 11 de octubre de 2013



La canadiense Alice Munro gana el Nobel de Literatura 2013

La escritora tiene 82 años y es una celebrada autora de relatos como "Demasiada felicidad". Es conocida por sus historias ambientadas en contextos pequeños que plantean dilemas morales y reflexionan

Obra:
  • Las lunas de Júpiter
  • El progreso del amor
  • Amistad de juventud
  • Secretos a voces
  • El amor de una mujer generosa
  • Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio
  • Escapada
  • La vista desde Castle Rock
  • Demasiada felicidad
  • Mi vida querida

jueves, 10 de octubre de 2013



A miña planta de laranxa lima  é a obra mestra do brasileiro José Mauro de Vasconcelos. Trátase dunha fermosa novela de denuncia social, na que o protagonista principal é Zezé, un cativo de cinco anos maltratado pola súa propia familia, fillo do paro e da mestizaxe colonial, listo como a fame e que vive nunha favela.

Espero que vos guste!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! 


Disfrutádea  !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 2 de octubre de 2013

jueves, 20 de junio de 2013

TRATADO DE ZOOLOXÍA PARA CORAZÓNS MANCADOS    de Raúl Gómez Pato

Plantarei, fermoso paxaro, un cacto
No teu alaranxado peito
Que xermine soños de raposa preguiceira
Acubillados xunto ás espiñas
Dunha morea de desgrazas
Que corren empoleiradas nas árbores
Os despoxos dos amores rotos.




 Tamén leemos Maquinaria de Carlos Negro

miércoles, 29 de mayo de 2013

O 31 de maio será a data para a cita anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura que están a funcionar en 222 centros de ensino público de Galicia no presente curso. Será xa a VI Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en sesións de mañá e tarde nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública). 
Ao longo da xornada haberá ocasión para o encontro e o intercambio de experiencias; tamén está prevista a participación de Gemma Lluch, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, membro do grupo de investigadores ERI Lectura, da Universitat de Valencia. haberá un espazo para falar da "lectura social", a tendencia actual de intercambio de experiencia lectora a través das redes sociais, coa presenza dun dos impulsores de Redelibros, a rede social galega do libro, Xosé R. Lois. Poñerá fin á xornada o escritor Marcos Calveiro, un autor moi valorado polos lectores e as lectoras e con múltiples recoñecementos pola súa obra dentro e fóra de Galicia.
A VI Xornada dos Clubs de Lectura é unha oportunidade para coñecer as múltiples actividades que están levando a cabo os grupos de lectura creados en centros educativos de Galicia, que van constituíndose pouco a pouco e grupos de dinamización da lectura nas súas comunidades educativas de referencia, establecendo vínculos con outros grupos de lectores e contribuíndo a unha maior presenza dos libros e da lectura na vida social galega. Os clubs de lectura son unha das fórmulas de fomento da lectura coa xente nova, e cos adultos (preto dun 30% dos centros implicados teñen tamén grupo de lectura de adultos) , que máis contribúe á consolidación deste hábito, e á adquisición de competencia lectora (entre outras), esencial para a formación persoal e directamente relacionada co éxito académico. 

LUIS MOURE MARIÑO


A MELLORA


O relato "A mellora", forma parte do libro "Fantasías reais: memorias dun protocolo" de 1961.Trátase dun relato corto en lingua galega que nos conta como un home de aldea acode á cidade para mellora-lo fillo que vive con el.

jueves, 25 de abril de 2013

Portada del poemarioFOTO:
 "As que rubimos montañas" é un libro solidario promovido por Implicadas/os no Desenvolvemento que recolle poemas de autoras etíopes (Yemoddish Bekele; Mihret Kebede; Tigist Mitiku; Misrak Tefere; Azeb Yosef; Abebech Diriba) e galegas (María Reimóndez; Antía Otero; Lucía Aldao; Estíbaliz Espinosa; Marga do Val; María Lado; María do Cebreiro).

Para Implicadas/os no Desenvolvemento este libro resume en forma de poesía unha maneira de traballar para cambiar o mundo xa que se levan esforzando  durante máis de dez anos. A súa organización traballa dende a súa fundación en 1998 a prol dun mundo onde a cidadanía do norte en xeral e galega en particular entenda a súa incidencia directa sobre a vida de millóns de persoas que viven na pobreza extrema. En todo este tempo, son moitas as pontes e as vías de acción que levan establecidas, pero se dúas cousas as caracterizan ademais especialmente son o seu compromiso de xénero e o seu afán por implicar a cultura neste proceso como parte fundamental do cambio.
As poetas etíopes e galegas, atopan igualmente abondos estereotipos que superar. Etiopía, no imaxinario occidental, resúmese nunha única palabra: fame. Nada hai debaixo diso para os seus ollos, nin unha cultura milenaria, nin a convivencia relixiosa, nin o orgullo de non ser un pobo colonizado, nin os altibaixos e ditaduras dos séculos XX e XXI. Fame. E con iso resumen a súa (inexistente) relación co país. Nada hai inscrito nesa concepción sobre as mulleres que cada día fan esforzos inmensos por transformar, nun silencio sepulcral creado por todas e todos eles, as súas sociedades e as súas comunidades.
Este poemario pretende achegar a multiplicidade de facianas das mulleres etíopes, coas súas diversas linguas, crenzas, situacións e traballos. Porque as que rubimos montañas cargamos con fardos pesados en todas as sociedades e cómpre esa man tendida nos dous sentidos para poder deixar a carga e respirar o aire fresco dos cumios, todas a unha.
As poetas que fixeron o libro posible participaron de xeito totalmente desinteresado.