Tamén lemos poesía de........
"Dos
días escuros" de Mª del Carmen Caramés Gorgal, gañadora do XVII premio de
Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. A obra aborda unha situación
difícil coma os malos tratos.
"Os
inocentes", último libro de poemas de María do Cebreiro. O discurso lírico
moderno abriu por primeira vez na historia da poesía a posibilidade de que
calquera poida enunciar o seu dicir baixo o impulso da liberdade subxectiva. Os
inocentes nomean un desexo imposible: regresar ao intre fundacional da lírica,
a ese momento histórico no que a poesía chegou a ser definida como emoción
evocada no acougo e a imaxianación foi pensada como a capacidade intelectual
máis estimable. Baixo esas condicións, trazar un mapa dos afectos é unha
tentativa de refundar a linguaxe e un xeito de combater o sentimentalismo.
oso, mamá, si? é un libro de María Lado que foi presentado este pasado marzo nas librarías. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha banda, e a brutalidade por outra, que se agocha en algo tan especial como é a maternidade. Pero non só, pois oso, mamá, si? non é un libro sobre a maternidade... non; este novo poemario de María Lado, fala de todo iso co que irremediablemente conectamos nas nosas vidas, independentemente de quen sexamos; todo ese amor que desprendemos, o medo ao paso do tempo, a nosa evolución persoal, as dúbidas invernais, a calor que acentúa cada caricia, cada aperta... en definitiva, do longo e escarpado camiño vital que percorremos todos e cada un de nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario