miércoles, 27 de enero de 2016

Reseña de Croquetas e Wasaps

Preguntácheste algunha vez que quedará de ti cando xa non estés? Clara sí. Xusto cando está ao borde da piscina. E ten dúas opcións: tirarse de cabeza ou quedarse quieta tapándose as orellas coas mans.
Clara está namorada de Lucas, o rapaz máis atractivo que coñece, pero el non a quere. Pero Clara négase a aceptar que quen a queira non a quere como quere. Así que cando a deixa, Clara parece afundirse nunha depresión, escoita cancións tristes en francés e fai o parvo, porque o amor é o que ten. Pensa no sorriso de Lucas, nos seus ollos, no guapo e especial que é... e o único que importa é el e poder estar de novo con el (algo difícil porque el xa encontrou outra).
Tamén están Unai, o rapaz raro que sempre viste de negro e non para de inventar historias para explicar a morte do seu pai, María e Jorge, compañeiros de instituto e protagonistas de Pomelo y limón; o abó, a nai, o pai... E todos xuntos son Croquetas e wasaps, un libro que fala do amor, da ausencia, da amizade, da familia, dos complexos, dos medos, da estupidez, das emocións, das obsesións, da felicidade, da pena, do egoísmo, dos erros e os acertos, das novas oportunidades.

    Hay que lanzarse de cabeza a esa piscina de felicidad, zambullirse sin miedo, perder el traje de baño, empaparse el pelo, irritarse los ojos, tragar agua, apurar hasta casi quedarse sin aire… Dame todos los daños colaterales de la felicidad, pero dame felicidad.

Begoña Oro escribe ben. Ten un estilo moi persoal, áxil, sencillo e complexo. Destila humor intelixente e constrúe metáforas fantásticas.

    A veces, después de «te quiero», va «pues yo no». Y no hay forma de decirlo sin arrugar para siempre el corazón de alguien.

Clara é unha adolescente normal e corrente, non  ten superpoderes nin é unha criatura máxica, non terá que enfrentarse a dragóns ou vampiros senón  que enfrentarase á vida mesma, ás súas decisións, ao seus, aos seus medos, ao seu egoísmo… Clara emprenderá unha viaxe  que a levará a coñecerse máis a sí mesma, pero tamén a reflexionar sobre a familia, as emocións e, sobre todo, a ausencia.

¿Para qué no estás preparado, Lucas? ¿Para quererme?
Se ve que quererme a mí requiere preparación. Pero querer a Lucas es diferente.
Querer a Lucas es fácil. Lucas es guapo y tiene una sonrisa desarmante. Lucas es como un paquete de chicles en la caja de un supermercado.
Lo ves y lo quieres. Así, sin preparación.

Aquí tendes o booktrailer da novela.


viernes, 22 de enero de 2016

Términos para non perderse





5 términos para non perderse


Book tag……cuestionarios que se fan para afondar nun libro. Por exemplo: Que persoaxe che gusta máis?, Que parte che fixo chorar?

Wattpad….É unha rede social na que a xente escribe e comparte a súa paixón pola literatura.

Booktubers….trátase de compartir a afición pola literatura a través do canal de YouTube.

Wrap up….É unha expresión que se usa para identificar o resumen das lecturas do mes nos blogs que reseñan libros xuvenis.


Blogger Lit….Son quedadas anuais de blogueiras nas que se organizan encontros cos escritores que teñen máis tirón entre o público.

viernes, 15 de enero de 2016

Os clubs de lectura da zona de Arousa saimos na prensa.
O Progreso de Catoira, o CPI de Pontecesures, a escola de idiomas de Vilagarcía, os institutos Ramón Cabanillas e Asorey de Cambados, As Bizocas de O Grove, o IES de A Illa, o instituto de Meaño e o de Valga, o de A Basella e Faro das Lúas en Vilanova e os catro de Vilagarcía -Armando Cotarelo, Castro Alobre, Bouza Brey e Miguel Ángel González-, son os centros que contan con clubes de lectura en Arousa.