miércoles, 27 de enero de 2016

Reseña de Croquetas e Wasaps

Preguntácheste algunha vez que quedará de ti cando xa non estés? Clara sí. Xusto cando está ao borde da piscina. E ten dúas opcións: tirarse de cabeza ou quedarse quieta tapándose as orellas coas mans.
Clara está namorada de Lucas, o rapaz máis atractivo que coñece, pero el non a quere. Pero Clara négase a aceptar que quen a queira non a quere como quere. Así que cando a deixa, Clara parece afundirse nunha depresión, escoita cancións tristes en francés e fai o parvo, porque o amor é o que ten. Pensa no sorriso de Lucas, nos seus ollos, no guapo e especial que é... e o único que importa é el e poder estar de novo con el (algo difícil porque el xa encontrou outra).
Tamén están Unai, o rapaz raro que sempre viste de negro e non para de inventar historias para explicar a morte do seu pai, María e Jorge, compañeiros de instituto e protagonistas de Pomelo y limón; o abó, a nai, o pai... E todos xuntos son Croquetas e wasaps, un libro que fala do amor, da ausencia, da amizade, da familia, dos complexos, dos medos, da estupidez, das emocións, das obsesións, da felicidade, da pena, do egoísmo, dos erros e os acertos, das novas oportunidades.

    Hay que lanzarse de cabeza a esa piscina de felicidad, zambullirse sin miedo, perder el traje de baño, empaparse el pelo, irritarse los ojos, tragar agua, apurar hasta casi quedarse sin aire… Dame todos los daños colaterales de la felicidad, pero dame felicidad.

Begoña Oro escribe ben. Ten un estilo moi persoal, áxil, sencillo e complexo. Destila humor intelixente e constrúe metáforas fantásticas.

    A veces, después de «te quiero», va «pues yo no». Y no hay forma de decirlo sin arrugar para siempre el corazón de alguien.

Clara é unha adolescente normal e corrente, non  ten superpoderes nin é unha criatura máxica, non terá que enfrentarse a dragóns ou vampiros senón  que enfrentarase á vida mesma, ás súas decisións, ao seus, aos seus medos, ao seu egoísmo… Clara emprenderá unha viaxe  que a levará a coñecerse máis a sí mesma, pero tamén a reflexionar sobre a familia, as emocións e, sobre todo, a ausencia.

¿Para qué no estás preparado, Lucas? ¿Para quererme?
Se ve que quererme a mí requiere preparación. Pero querer a Lucas es diferente.
Querer a Lucas es fácil. Lucas es guapo y tiene una sonrisa desarmante. Lucas es como un paquete de chicles en la caja de un supermercado.
Lo ves y lo quieres. Así, sin preparación.

Aquí tendes o booktrailer da novela.


2 comentarios:

  1. Hola,son Marina, unha das integrantes do club de lectura do CPI Pontecesures.Despois de ler "Croquetas y Wasaps" a miña conclusion é que é unha historia moi bonita e está moi traballada. O único que vexo que ten de malo o libro é que a nosa protagonista (Clara) dalle demasiadas voltas ás cousas e pensa todo moito o que lle leva a sacar conclusións erroneas e que nunca chegaran a pasar. É demasiado fantástica e lle gusta imaxinar as cousas como a ela lle gustaría que pasaran.

    Valoración: 9/10
    Por Marina Miguéns

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar