jueves, 26 de mayo de 2016

Encontro con Elena Gallego

Unha saga de película - Dragal, o último dragónOs alumnos de 1º de ESO tiveron un encontro con Elena Gallego Abad, autora de Dragal na Biblioteca do colexio.





Trailer de Dragal, a triloxía do último dragón.

martes, 17 de mayo de 2016

Celebración das Letras Galegas

Os membros do club de lectura participamos xunto cos grupos folclóricos do concello, Xarandeira e Algueirada e os seus grupos convidados na celebración das Letras Galegas que se fixo o pasado sábado na Plazuela de Pontecesures.
Nos fixemos un recital poético e eles puxeron a nota festiva que non pode faltar en ningunha festa galega.
Pasámolo xenial toda a tarde facendo o que máis nos gustaba, disfrutar das letras, neste caso das letras das poesías de Manuel María.


Parabéns a todos e Feliz día das Letras Galegas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 5 de mayo de 2016

Celebración das Letras no Concello


Acércase o Día das Letras Galegas que, como ben sabedes a estas alturas, adicámoslle este ano a Manuel María.

Contaremos coas actuación das dúas agrupacións folclóricas das que desfrutamos no noso concello: AC Xarandeira e a agrupación folclórica Algueirada. Asemade, contaremos coa Asociación Cultural Agarimo (Vedra) e a Agrupación de música e baile tradicional de Cuntis. Como novidade, este ano levarase a cabo un recital de poemas de Manuel María por parte do Club de Lectura do CPI Pontecesures.

Aimámosvos a acudir porque pensamos que é importante para estes rapaces, tanto os que bailan e tocan nas agrupacións como os do club de lectura, recoñécerlle o seu traballo e valía, así como a adicación que amosan nas súas respectivas aficións.



Agadámosvos o SÁBADO 14 a partir das 17:00 na Prazuela!!!



Escoita, irmau, as miñas verbas:

son sinxelas e impuras

como as verbas feridas

co coitelo dos beizos, cada día.



Vouche decir tan só que teño

a miña mau tendida,

aberta, núa e viva como o mar.



Que teño, irmau, maduro o corazón

pra gardar nel as verbas túas.



Que a vida é moi fermosa

aínda que hai homes

que teñen os beizos emporcados

con verbas de falsía,

i o corazón podre polo odio,

i as maus pingando sangue,

i agachados, no fondo dos seus petos,

en vixía,

coitelos e pistolas asesinas.



¿Que importa, irmau, que morra o día

si a súa morte

abre en nós a espranza do mencer?



Non temas.

Aínda o paxaro ten canciós

i as estrelas se alcenden cada noite.



Manuel María, Mar Maior en Antoloxía Poética, edición de Camilo Gómez Torres, Vigo, AS-PG, 1997