O
muiñeiro ouveador (en finlandés Ulvova mylläri) é unha novela do finlandés Arto Paasilinna publicada en 1981. O libro foi traducido a diversas linguas, e en
1982 foi levado ao cinema co título homónimo de Ulvova mylläri.
A
trama está ambientada en Laponia despois da Segunda Guerra Mundial. O personaxe
principal é Gunnar Huttunen, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites,
facendo ladrar aos cans, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco,
é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi, en Suukoski.
A
maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser.
Finalmente mándano para un manicomio, e cólleno cando se estaba empezando a
namorar dunha veciña, Sanelma Käyrämö, unha asesora agrícola, e pintando o
muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle
axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte
para que non o volvan meter no manicomio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario