viernes, 27 de noviembre de 2020

A casa de Mango Street

 

A casa de Mango Street é una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. 

Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro.

 A través dun estilo fugaz e directo, definido pola autora como antipoético, A casa de Mango Street, describe con breves pinceladas a situación socioeconómica da muller chicana nos Estados Unidos.

 Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos cun lirismo e unha proximidade que fan imposible que o lector non se sinta identificado cunha obra que descobre ata que punto os nosos medos e os nosos desexos son universais.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

 EMPEZAMOS




Estades preparados?

Quedamos os xoves no 2º recreo na Biblioteca.

Non vos esquezades!!!!!!