A casa de Mango Street é una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago.
Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro.
A través dun estilo fugaz e directo, definido pola autora como antipoético, A casa de Mango Street, describe con breves pinceladas a situación socioeconómica da muller chicana nos Estados Unidos.
Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a
inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos cun
lirismo e unha proximidade que fan imposible que o lector non se sinta
identificado cunha obra que descobre ata que punto os nosos medos e os nosos
desexos son universais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario