miércoles, 23 de febrero de 2022

Día de Rosalía

 Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.


Os alumnos de Primaria fixeron o mural e os alumnos de 2º e 4º de Secundaria colaborarorn co Departamento de Xeografía e Historia, co de Química e co club de lectura e plantaron un xardín de pensamentos.




martes, 1 de febrero de 2022

Velloucas & Minchas

 Xa temos novo libro e pronto, a visita da súa autora, Lorena Conde.

Despois do “suceso”, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas.

Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?