Xa temos novo libro e pronto, a visita da súa autora, Lorena Conde.
Despois do “suceso”, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do
verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece
nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está
enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola
rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren
actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide
pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar,
son as inxustizas.
Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de
resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e
veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?
No hay comentarios:
Publicar un comentario