Este ano imos ter por primeira vez un club de lectura cos alumnos de 5º de Primaria e o primeiro libro que imos ler é Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.
Kori, é un neno xordo que vive no campo de refuxiados saharauis e ao que lle gustan os camellos e ir á escola para aprender a ler e escribir. O día que a súa mestra entende que pode ensinarlle a escribir, sucede algo moi especial na súa vida: é capaz de reflexar nun papel as súas emocións, especialmente as que ten con Caramelo, o seu camello.
Ademáis tiven a sorte de poder escoitar unha charla fermosísima do seu autor no Encontro de Bibliotecas escolares celebrado o 12 de novembro en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario