miércoles, 14 de diciembre de 2022
Un mosquito de nome Henry
miércoles, 7 de diciembre de 2022
miércoles, 23 de noviembre de 2022
miércoles, 16 de noviembre de 2022
Boy de Road Dahl
Un grupo formado por 11 alumnos que nos reunimos cada 15 días os mércores na súa hora de lectura.
Están motivadísimos e entusiasmados porque queren disfrutar de libros diferentes e divertidos e ver a lectura como algo pracenteiro.
domingo, 13 de noviembre de 2022
Palabras de caramelo
Este ano imos ter por primeira vez un club de lectura cos alumnos de 5º de Primaria e o primeiro libro que imos ler é Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.
Kori, é un neno xordo que vive no campo de refuxiados saharauis e ao que lle gustan os camellos e ir á escola para aprender a ler e escribir. O día que a súa mestra entende que pode ensinarlle a escribir, sucede algo moi especial na súa vida: é capaz de reflexar nun papel as súas emocións, especialmente as que ten con Caramelo, o seu camello.
Ademáis tiven a sorte de poder escoitar unha charla fermosísima do seu autor no Encontro de Bibliotecas escolares celebrado o 12 de novembro en Santiago.
jueves, 3 de noviembre de 2022
Lecturas para avanzados
O grupo formado polos lectores avanzados e está formado por 3 alumnos, 2 de 2º e 1 de 4º de ESO.
Con gustos moi diferentes.........atrevénse a todo.
David Cirici é o autor que lles propuxen e del dous libros....
"Zona prohibida"....En un mundo desolado donde la violencia es la forma de vida, los jóvenes son protegidos en refugios alejados del mundo exterior. Sin embargo, Daia, que desde pequeña ha recibido una excelente formación intelectual, está convencida de que un mundo mejor está a la vuelta de la esquina. Después de quince años en una escuela automatizada con hologramas como profesores y sin contacto con ningún adulto, un terrible suceso empuja a Daia y a su hermana gemela a enfrentarse a un entorno hostil donde nada es lo que parece. Tendrán que luchar con todas sus fuerzas para sobrevivir confiando en que pueden esperar algo mejor de la humanidad.
"La decisión de Viggo"....Continúa la aventura de Zona Prohibida. El futuro está en juego. ¿Triunfarán el terror y la injusticia de un sistema corrupto por encima de la libertad?
viernes, 28 de octubre de 2022
A miña planta de laranxa lima
Este ano en Secundaria temos dous grupos, un formado por alumnos de 1º e 2º e outro por alumnos avanzados lendo os dous grupos libros diferentes.
O grupo de 1º está lendo "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos, unha das obras más lidas da nova literatura brasileña.
domingo, 9 de octubre de 2022
Empezamos novo curso.......
As sesións do club de lectura para o alumnado de Secundaria serán no 2º recreo dos mércores.
Anímate e ven a disfrutar da lectura.
lunes, 20 de junio de 2022
O Pequeno Hoplita
Os
rapaces de 1º e 2º de ESO foron a Infantil e 1º de Primaria a ler O
Pequeno Hoplita.
Imane, Brais e Tomás fixeron cascos, espadas e escudos para ambientar a lectura.
sábado, 18 de junio de 2022
Lectura en Infantil 4 anos
O Club de lectura remata o curso levando aos máis pequenos do CPI de Pontecesures un agasallo en forma de lectura.
Érica
e Lucía, de 3º de ESO, foron a Infantil de 4 anos. Contáronlle a historia
de “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”.
Ademáis
fixéronlle un animaliño dos que saían no libro a cada un dos nenos e nenas da
aula. Quedaron ben contentos!!!!
sábado, 11 de junio de 2022
Ulf de Jacobsland. Os vikingos en Galicia
O 10 de xuño tivemos unha nova xuntanza do noso club de lectura. Nesta ocasión conversamos arredor de Ulf de Jakosland, un cómic sobre os viquingos na Galiza durante a Idade Media.
lunes, 2 de mayo de 2022
Encontro con Lorena Conde
Hoxe estivo co alumnado do club de lectura e do grupo de teatro a escritora Lorena Conde. Conversou con eles da súa infancia e de como se iniciou na lectura, da súa adolescencia e de como se lanzou a escribir, da pegada que deixaron nela a súa profesora da EXB, Isabel, que lle levaba libros dos que aínda hoxe se lembra, e de María Victoria Moreno da que destacou a súa paixón pola literatura e polo ensino.
Precisamente o recordo da súa profesora e amiga lle levou a escribir o seu libro “Velloucas e minchas” e presentalo ao III Premio María Victoria Moreno, premio que gañou.
Foi unha conversa moi emotiva na que falaron de literatura, de recordos e de cousas da vida.
Grazas, Lorena!!!
miércoles, 23 de febrero de 2022
Día de Rosalía
Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.
Os alumnos de Primaria fixeron o mural e os alumnos de 2º e 4º de Secundaria colaborarorn co Departamento de Xeografía e Historia, co de Química e co club de lectura e plantaron un xardín de pensamentos.
martes, 1 de febrero de 2022
Velloucas & Minchas
Xa temos novo libro e pronto, a visita da súa autora, Lorena Conde.
Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de
resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e
veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?
viernes, 28 de enero de 2022
Non sabes que poñerte?
Que non sabes que poñerte? Que estás aburrido? Pois mira o que vos proponen os rapaces do club de lectura…..
“Cando non saibas
que poñerte, pois ponte a ler”